Páxinas

luns, 24 de marzo de 2025



OBRADOIRO DE TEATRO E RADIO CON ARTUR TRILLO


O mércores 19 de marzo, recibimos a visita do actor Artur Trillo. Acudiu ao noso centro a realizar un obradoiro titulado: "Todo se pode contar con teatro". Aprendemos os distintos tipos de fala según o contexto, e gozamos das nosas intervencións espontáneas. Para rematar, fixémoslle unha entrevista de radio que podedes escoitar aquí: https://www.ivoox.com/player_ej_143513051_6_1.html?c1=203069



GRAZAS POR VIR ARTUR!! PASÁMOLO XENIAL!!!


 

luns, 17 de marzo de 2025

8 de marzo, Día Internacional da Muller

    

                                             8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


     Este curso a temática elixida para traballar tanto a nivel de centro coma dende a biblioteca é o Teatro.  Por iso, para conmemorar este día tan especial, cada titoría ou titorías escolleron unha actriz ou directora relevante e realizaron un traballo que posteriormente expusemos no noso propio escenario dun teatro. Tamén fixemos un acto común no Salón de Actos onde se expuseron estes maravillosos traballos sobre mulleres moi importantes. Gracias a tod@s por participar e FELIZ 8 DE MARZO!!!





mércores, 12 de marzo de 2025

Recomendación lectora 8M

 As mulleres que cultivaban néboas

O pasado 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller. Por isto, a maiores do acto que celebraremos, gustaríanos facer, coma na meirande parte das conmemoracións, algunhas recomendacións lectoras. 

Esta vez realizaremos unha única recomendación.

Como sabedes, o noso centro participa en Faro da Escola, dende onde tódolos anos nos ofrecen a posibilidade de contar con autoras e autores que visiten o noso centro. Este curso déronnos a opción, entre outras, de que nos visitara Bea Gregores para falarnos do seu libro "As mulleres que cultivaban néboas". 

Bea, por motivos de axenda este curso non poderá  estar connosco, pero non podemos deixar de recomendar este belísimo conto que trala súa lectura nos marabillou.